sábado, 29 de agosto de 2009

Saúda da comisión de Festas das Peras 2009

Chega o 5 de setembro, data na que comezan as Festas das Peras. Este ano engadímoslles dous días mais, por mor de incluir a "Baixada do Eume" dentro das festas, días nos que esperamos que Pontedeume se encha de ledicia, alegría e reunións familiares .
Nestes días tamén se sucecerán unha chea de actividades (orquestras, charangas, competicións deportivas, cucaña, queima do Galán, concurso de froitas, fogos artificiais, romaxe do río...) actividades que se fan co claro obxectivo de intentar que todos os Eumeses, familiares, amigos e que todos aqueles que nos visiten sentan a calor e afecto de todos os Eumeses sentíndose partícipes da festa.
Dende esta Comisión de Festas desexamos para todos os veciños e aquelas persoas que nos visiten, un sincero desexo de que gocen con felicidade destes días que se aproximan e do programa de actividades que temos preparado, esperando á súa vez nos perdoen os erros que poidamos cometer ou cometésemos.

Comisión de Festas Peras 2009

 
Festa das Peras 2009 © 2009 Deseñado e feito por Eumés